martes, 9 de diciembre de 2014

Valoración da investigación de conflitos

Bos días!
Xa rematamos finalmente a procura de información e a redacción do apartado d) por D.V.V e finalmente conseguimos poñernos de acordo e rematar o traballo a tempo. Resultou ben pois todos os membros/as puideron realizar a súa parte tranquilamente mais O.C.S e J.R.P non actuaron responsablemente.

martes, 2 de diciembre de 2014

Problemas actuais VI: Países en conflito.

a) Tipo de conflito e países implicados:

É un conflito terrorista e interno, é dicir, desenvólvese no propio país.Os actores son o Estado de Colombia, grupos de extrema esquerda e paramilitares de extrema dereita aínda que narcotraficantes, paramilitares, delincuencia común ou reformas aagrarias sumáronse ao problema.



                                     


b) Causas:

A pobreza, a falta de educación, o abandono estatal, as deficiencias socio-económicas nos núcleos familiares ou os valores da sociedade son os principais motivos de este enfrontamento. Cítase, ademais, a activa participación de menores no conflito, o que se considera unha violación dos dereitos da catividade.

Por outra banda, a concentración ou monopolización do campo e o desprazamento dos campesiños aos núcleos urbanos, xeraba resistencia.


                                           


c) Consecuencias:

O conflito xera grandes problemas sociais, económicos, políticos e culturais, desafíos para os responsables políticos e as comunidades afectadas directa ou indirectamente.

-Desprazamento de campesiños das súas terras e fogares mediante a violencia.
-Aparición de grupos armados ao marxe da lei.
-Nenos/as e xóvenes participantes nestas actuacións terroristas.
-Desintegración das familias.
-Falta de emprego e carencia de oportunidades laborales.
-Impacto psicolóxico e cultural nos mozos e mozas.
-Mortes inxustificadas e crueles.
-Estancamento do desenvolvemento económico.
Todas estas situacións son derivadas da liorta anterior e levan a Colombia á crise social e económica principalmente pois desfavorece a súa estabilidade comercializada e a unión da sociedade, o descontento xeral medra incansablemente e os falecementos de persoas inocentes: defensores dos Dereitos Humanos ou activistas, sindicalistas... non o frean.

                                                                                                         

d) Organismos de paz implicados (ONG, ONU...)

O CICR é un mediador humano que actúou no conflito colombiano. Realiza, en colaboración coa Cruz Vermella Colombiana, un programa a favor das vítimas e o seu cometido é dar a coñecer o dereito humanitario nas `partes e supervisar a súa aplicación. 
Participou en numerosas campañas de acollida como no caso dos 70 soldados no cautiverio, axudou no transporte de familiares dos militares tendendo unha man aos máis fráxiles. 
Converteuse xa nun principio e case sen participar e intervir directamente. no núcleo do enfrontamento e a súa labor culminou coa acción humanitaria recibida polos refuxiados.



e) Mapas , gráficas, estadísticas...
Mostrando



f) Fontes consultadas:
http://es.wikipedia.org/wiki/Conflicto_armado_interno_en_Colombia
http://www.elconfidencial.com/mundo/2014-08-03/guerras-conflictos-terrorismo-crisis-politicas-los-70-puntos-calientes-del-planeta_171507/
http://www.20minutos.es/noticia/404456/0/mundo/guerras/activas/
http://www.buenastareas.com/ensayos/Causas-y-Consecuencias-Del-Conflicto-Armado/5226835.html
https://www.inspiraction.org/justicia-economica/conflicto-armado-en-colombia
https://www.icrc.org/spa/resources/documents/misc/5tdlpt.htm

domingo, 30 de noviembre de 2014

25 de Novembro: Non á violencia de xénero!

Ola cidadanía:
Como ben sabedes, este martes foi o Día Internacional contra a violencia de xénero e nós participamos nun acto que se celebrou na cidade para mostrar o noso apoio e denunciar esta inxustiza social porque cremos que é un verdadeiro problema e debe ser eliminado. TODOS SOMOS IGUAIS!
e ninguén é propiedade ,por iso, mandamos unha mensaxe clara dende este blog: Coa violencia, 0 tolerancia!
Esperamos que vos guste e que sigades loitando.
                                                                                                                  Cidadáns/ás activ@s


Recinto Gris: 2ª parte.

Bos días, cidadáns/ás:
Nesta semana estivemos traballando en dous proxectos á vez; por unha parte, continuamos elaborando o documento de comprensión lectora (Recinto Gris) que publicaremos de seguido e por outra banda, tivemos a oportunidade de saír do centro e colaborar na manifestación contra a VIOLENCIA DE XÉNERO o día 25 de novembro.
Vamos entón, co libro:
                                                                                                               Cidadáns/ás activ@s

RECINTO GRIS (SEGUNDA PARTE)


 1.  ESTRUTURA

     
       Externa:
1-De quen son os lobos:  Iníciase o relato describindo a cidade de Vii e proporcionando datos sobre os lobos e a súa chegada inesperada á vila.
2-De quen e  Nube e de como a atopan os lobos: Preséntase a Nube, afeccións, familia, trazos de carácter... e a súa vivencia fronte aos lobos.
3-De como os estraños soldados colleron a Nube e a levaron contra a súa vontade: A nena mostra un terror irracional cara os soldados e estes predispoñense a levala, ela resístese mais finalmente acaba por renderse.
4-De como os lobos meteron a Nube no camión e de quen atopan alí dentro: Posteriormente, trasládana a un vehículo cheo de veciños e descobre ao seu avó.
5-De cómo chegan a un lugar frío e illado e de como perden os seus nomes: Desvélase o destino e as primeiras impresións dos reclusos sobre o recinto e ademais, nárrase cando os lobos asínanlle un número a cada preso e prohíbenlles empregar o seu nome verdadeiro.
6-Do burato sen fin e de como empeza a amizade con Mun: Preséntase o espazo onde traballarán de cara ás próximas semanas e o inicio dunha fermosa relación por parte de Nube con Mun.
7-De quen é en realidade o avó e de por que está en Recinto Gris: Ata o momento, a entidade do avó é descoñecida. Neste capítulo confírmase o motivo polo cal este home permanece alí e a amizade comeza a aflorar entre os veciños.
8-De como avanzan as estacións e do ouveo dos lobos: O tempo pasa en Recinto Gris e a debilidade instálase nos presos/as aínda que o sentimento desesperado de saír empeza a formarse.
9-Das anguías eléctricas e dos cinco días sen Mun: A historia avanza e a medida que pasan os días, os lazos entre Mun e Nube van medrando progresivamente.  A pesar de non poder conservar ningún obxecto, a moza garda o seu libro favorito e comparte cos seus compañeiros/as de barracón a súa sabedoría. Mais o segredo pesa e o albino será castigado por axudala. 
10-Do medo de Mun ao veránDespois de saír da cloaca e da horrible experiencia, chega o verán ao lugar e  Mun confesa o seu medo e as súas diferenzas abertamente sobre esta estación.
11-Do neno lepidóptero da primeira morte coñecida: Pouco despois, a chuvia chega e os reclusos acollen a un neno desorientado. Este, lonxe de estar atemorizado, cóntalles a súa capacidade incrible e a súa experiencia  incluíndo a morte do seu pai no Recinto.
12-De como o neno lepidóptero regresa ao seu barracón e da chaqueta do avó: Todos trazan unha estratexia para devolver ao neno e chegar ata a barraca dos obxectos persoais, onde o avó collerá a súa chaqueta e mostrará aos demais un plan ben agochado.
13-Do que o avó gardaba na chaqueta e do recordo das samesugas: Cóntase a profesión do avó e algunhas das súas fazañas mentres relatan o recordo de Mun sobre os seus días no pozo.
14-De como a revolución toma  forma no Recinto Gris: A idea de escapar vaise formando nas cabezas dos reclusos/as  e irán pensando nun asalto formal para conseguilo.
15-De como o exército de reclusos avanza no medio da noite de como Nube descubre algo importante: Nube é trasladada á cloaca xunto ao albino para cumprir a súa  tortura e inesperadamente, cae na conta de que os soldados son falsos e descobre a trama escura que estaban a levar a cabo mentres os seus amigos poñen en práctica a súa fuxida.
16-De como o neno lepidóptero emprende o voo: Tras meditar a maneira de rescatar a Nube, o neno con ás decide ir a buscala voando e finalmente a libera.
17-Do derradeiro berro de Nube: A pesar de ser tomada polo xoven lepidóptero, Mun queda atrás e Nube  sinte unha enorme tristura que desbota berrando e demostrando a súa rebeldía.
18-Créditos:


 Interna:
  
      -Introdución:  Comprende os primeiros cinco-seis capítulos aproximadamente. Preséntanse os personaxes que van intervir (Nube, o avó, Mun, os lobos...), o espazo (Cidade de Vii e posteriormente o Recinto), o tempo (Presente) e iníciase o relato.
     
     -Nó: É a parte máis longa e complexa, abrangue dende os capítulos cinco ou seis ata o catorce máis ou menos. Desenvólvense os feitos e exponse un conflito, desvélanse datos moi importantes (Razón pola que están alí, como é a vida na fría "cárcere"...)
    


     -Desenlace: Resólvese o conflito planteado no nó e finaliza o relato, son os últimos capítulos e cóntase a fuxida e como remata esta estupenda obra literaria.

     2. ARGUMENTO (Resumo):
Nube, unha nena pouco común é levada xunto a algúns dos seus veciños ao “Recinto Gris”,un lugar que dista moito de ser confortable e no que uns estraños personaxes farán de esta experiencia un berro contra a represión e o control loitando pola liberdade e apoiándose na amizade.

    3.   ASUNTO (1 palabra);
Afouteza. Porque cremos que os protagonistas  son a viva imaxe da resistencia.  A pesar de sufrir e de poñer a súa vida en perigo seguen sorrindo, seguen falando e pensando nunha solución, defenden aos seus compañeiros/ as reclus@s enfrontándose ás duras consecuencias e toman cada día de novo cheo de esperanza.

     4.   TEMA (1 frase  nominal):
A autenticidade determina a reclusión dunhas persoas diferentes sometidas á opresión.

    5. TONO:
Ten un tono un tanto esperanzador pois reflexa unha situación difícil e desmoralizadora mais o modo de enfrontarse a ela polos retidos/as  desvela que aínda hai unha posibilidade de conseguir escapar non só do recinto literal senón tamén da corrente de pensamento social en canto á personalidade.

    6. VOZ NARRADORA:
Hai un narrador que non é Nube,está en 3ª persoa pero moitas beces os dialogos entre persoaxes  contan historias.
   
 CARACTERIZACIÓN DOS PERSOAXES: 



Caracterización xeral:

- Como son? Diferentes porque teñen calidades que os outros non o teñen. Como voar, saberse unha enciclopedia de peixes enteira,ter vista de lince...

- A que clase social pertencen? As persoas marxinada e outras coma Mun e Nube eran diferentes.

 

- Que papel desenvolven na obra? Os reclusos do recinto gris porque son diferentes e os diferente tiñan que ir a un sitio no que se teñen que convertir en persoas non diferentes.

- Que actitude adopta a voz narradora ante eles? Actitude normal xa que non fala con gritos, enfadada…

- Sabemos deles directamente (a partir da información da voz narradora ou doutras personaxes)? Si porque Nube conta onde os vira na cidade o porque lle eran coñecidos.

- Sabemos deles indirectamente (a partir do que din e de como se comportan)? Si, porque van narrando as suas peculiaridades e como a situación os vai cambiando.



 CARACTERIZACIÓN XERAL:

- Principais: Nube, o seu avó e Mun o albino.
  
- Secundarias: Os gardas con cabeza de lobo, os compañeiros/as veciños retidos, o neno lepidóptero...


ANÁLISE DO ESPAZO:

- Real ou simbólico? O lugar de Recinto gris é simbólico xa que 
representa unha situación de opresión ou de discriminación que sofren 
algúns cidadáns/ás  na sociedade debido a ser diferentes en certos aspectos
físicos ou ben pola súa forma de pensar.

- Fixo ou itinerante? A historia transcorre prácticamente na "cárcere" 
aínda que o comezo sucede na vila.

- Pechado ou aberto? Discorre nun entorno pechado que determina a reclusión á que están sometidos

- Urbano ou rural? 
    

    ANÁLISE DO TEMPO

     -Externo


     É unha Ucronía pois non ten un tempo concreto, é dicir, os feitos non datan dun momento específico e a historia toma unha dirección un pouco surrealista, conta uns acontecementos non-basados na realidade.


      -Interno


      Non sabemos con exactitude o tempo que transcurre mais polos datos meteorolóxicos, supoñemos que a novela empeza en outono ou inverno, pois hai refachos de vento e un tempo inestable. No capítulo 10, descríbese unha estación cálida na que se introduce o medo de Mun e no desenlace, vólvese a insinuar unha etapa fría e chuviosa. Podemos deducir que pasa aproximadamente un ano.


     Orde

   
   Non é lineal, aparece unha analepse moi marcada cando se conta a vivencia que tivo o avó de Nube cun gato e un valo eléctrico ou cando se nomean os inventos nun tempo pasado.