domingo, 30 de noviembre de 2014

Recinto Gris: 2ª parte.

Bos días, cidadáns/ás:
Nesta semana estivemos traballando en dous proxectos á vez; por unha parte, continuamos elaborando o documento de comprensión lectora (Recinto Gris) que publicaremos de seguido e por outra banda, tivemos a oportunidade de saír do centro e colaborar na manifestación contra a VIOLENCIA DE XÉNERO o día 25 de novembro.
Vamos entón, co libro:
                                                                                                               Cidadáns/ás activ@s

RECINTO GRIS (SEGUNDA PARTE)


 1.  ESTRUTURA

     
       Externa:
1-De quen son os lobos:  Iníciase o relato describindo a cidade de Vii e proporcionando datos sobre os lobos e a súa chegada inesperada á vila.
2-De quen e  Nube e de como a atopan os lobos: Preséntase a Nube, afeccións, familia, trazos de carácter... e a súa vivencia fronte aos lobos.
3-De como os estraños soldados colleron a Nube e a levaron contra a súa vontade: A nena mostra un terror irracional cara os soldados e estes predispoñense a levala, ela resístese mais finalmente acaba por renderse.
4-De como os lobos meteron a Nube no camión e de quen atopan alí dentro: Posteriormente, trasládana a un vehículo cheo de veciños e descobre ao seu avó.
5-De cómo chegan a un lugar frío e illado e de como perden os seus nomes: Desvélase o destino e as primeiras impresións dos reclusos sobre o recinto e ademais, nárrase cando os lobos asínanlle un número a cada preso e prohíbenlles empregar o seu nome verdadeiro.
6-Do burato sen fin e de como empeza a amizade con Mun: Preséntase o espazo onde traballarán de cara ás próximas semanas e o inicio dunha fermosa relación por parte de Nube con Mun.
7-De quen é en realidade o avó e de por que está en Recinto Gris: Ata o momento, a entidade do avó é descoñecida. Neste capítulo confírmase o motivo polo cal este home permanece alí e a amizade comeza a aflorar entre os veciños.
8-De como avanzan as estacións e do ouveo dos lobos: O tempo pasa en Recinto Gris e a debilidade instálase nos presos/as aínda que o sentimento desesperado de saír empeza a formarse.
9-Das anguías eléctricas e dos cinco días sen Mun: A historia avanza e a medida que pasan os días, os lazos entre Mun e Nube van medrando progresivamente.  A pesar de non poder conservar ningún obxecto, a moza garda o seu libro favorito e comparte cos seus compañeiros/as de barracón a súa sabedoría. Mais o segredo pesa e o albino será castigado por axudala. 
10-Do medo de Mun ao veránDespois de saír da cloaca e da horrible experiencia, chega o verán ao lugar e  Mun confesa o seu medo e as súas diferenzas abertamente sobre esta estación.
11-Do neno lepidóptero da primeira morte coñecida: Pouco despois, a chuvia chega e os reclusos acollen a un neno desorientado. Este, lonxe de estar atemorizado, cóntalles a súa capacidade incrible e a súa experiencia  incluíndo a morte do seu pai no Recinto.
12-De como o neno lepidóptero regresa ao seu barracón e da chaqueta do avó: Todos trazan unha estratexia para devolver ao neno e chegar ata a barraca dos obxectos persoais, onde o avó collerá a súa chaqueta e mostrará aos demais un plan ben agochado.
13-Do que o avó gardaba na chaqueta e do recordo das samesugas: Cóntase a profesión do avó e algunhas das súas fazañas mentres relatan o recordo de Mun sobre os seus días no pozo.
14-De como a revolución toma  forma no Recinto Gris: A idea de escapar vaise formando nas cabezas dos reclusos/as  e irán pensando nun asalto formal para conseguilo.
15-De como o exército de reclusos avanza no medio da noite de como Nube descubre algo importante: Nube é trasladada á cloaca xunto ao albino para cumprir a súa  tortura e inesperadamente, cae na conta de que os soldados son falsos e descobre a trama escura que estaban a levar a cabo mentres os seus amigos poñen en práctica a súa fuxida.
16-De como o neno lepidóptero emprende o voo: Tras meditar a maneira de rescatar a Nube, o neno con ás decide ir a buscala voando e finalmente a libera.
17-Do derradeiro berro de Nube: A pesar de ser tomada polo xoven lepidóptero, Mun queda atrás e Nube  sinte unha enorme tristura que desbota berrando e demostrando a súa rebeldía.
18-Créditos:


 Interna:
  
      -Introdución:  Comprende os primeiros cinco-seis capítulos aproximadamente. Preséntanse os personaxes que van intervir (Nube, o avó, Mun, os lobos...), o espazo (Cidade de Vii e posteriormente o Recinto), o tempo (Presente) e iníciase o relato.
     
     -Nó: É a parte máis longa e complexa, abrangue dende os capítulos cinco ou seis ata o catorce máis ou menos. Desenvólvense os feitos e exponse un conflito, desvélanse datos moi importantes (Razón pola que están alí, como é a vida na fría "cárcere"...)
    


     -Desenlace: Resólvese o conflito planteado no nó e finaliza o relato, son os últimos capítulos e cóntase a fuxida e como remata esta estupenda obra literaria.

     2. ARGUMENTO (Resumo):
Nube, unha nena pouco común é levada xunto a algúns dos seus veciños ao “Recinto Gris”,un lugar que dista moito de ser confortable e no que uns estraños personaxes farán de esta experiencia un berro contra a represión e o control loitando pola liberdade e apoiándose na amizade.

    3.   ASUNTO (1 palabra);
Afouteza. Porque cremos que os protagonistas  son a viva imaxe da resistencia.  A pesar de sufrir e de poñer a súa vida en perigo seguen sorrindo, seguen falando e pensando nunha solución, defenden aos seus compañeiros/ as reclus@s enfrontándose ás duras consecuencias e toman cada día de novo cheo de esperanza.

     4.   TEMA (1 frase  nominal):
A autenticidade determina a reclusión dunhas persoas diferentes sometidas á opresión.

    5. TONO:
Ten un tono un tanto esperanzador pois reflexa unha situación difícil e desmoralizadora mais o modo de enfrontarse a ela polos retidos/as  desvela que aínda hai unha posibilidade de conseguir escapar non só do recinto literal senón tamén da corrente de pensamento social en canto á personalidade.

    6. VOZ NARRADORA:
Hai un narrador que non é Nube,está en 3ª persoa pero moitas beces os dialogos entre persoaxes  contan historias.
   
 CARACTERIZACIÓN DOS PERSOAXES: 



Caracterización xeral:

- Como son? Diferentes porque teñen calidades que os outros non o teñen. Como voar, saberse unha enciclopedia de peixes enteira,ter vista de lince...

- A que clase social pertencen? As persoas marxinada e outras coma Mun e Nube eran diferentes.

 

- Que papel desenvolven na obra? Os reclusos do recinto gris porque son diferentes e os diferente tiñan que ir a un sitio no que se teñen que convertir en persoas non diferentes.

- Que actitude adopta a voz narradora ante eles? Actitude normal xa que non fala con gritos, enfadada…

- Sabemos deles directamente (a partir da información da voz narradora ou doutras personaxes)? Si porque Nube conta onde os vira na cidade o porque lle eran coñecidos.

- Sabemos deles indirectamente (a partir do que din e de como se comportan)? Si, porque van narrando as suas peculiaridades e como a situación os vai cambiando.



 CARACTERIZACIÓN XERAL:

- Principais: Nube, o seu avó e Mun o albino.
  
- Secundarias: Os gardas con cabeza de lobo, os compañeiros/as veciños retidos, o neno lepidóptero...


ANÁLISE DO ESPAZO:

- Real ou simbólico? O lugar de Recinto gris é simbólico xa que 
representa unha situación de opresión ou de discriminación que sofren 
algúns cidadáns/ás  na sociedade debido a ser diferentes en certos aspectos
físicos ou ben pola súa forma de pensar.

- Fixo ou itinerante? A historia transcorre prácticamente na "cárcere" 
aínda que o comezo sucede na vila.

- Pechado ou aberto? Discorre nun entorno pechado que determina a reclusión á que están sometidos

- Urbano ou rural? 
    

    ANÁLISE DO TEMPO

     -Externo


     É unha Ucronía pois non ten un tempo concreto, é dicir, os feitos non datan dun momento específico e a historia toma unha dirección un pouco surrealista, conta uns acontecementos non-basados na realidade.


      -Interno


      Non sabemos con exactitude o tempo que transcurre mais polos datos meteorolóxicos, supoñemos que a novela empeza en outono ou inverno, pois hai refachos de vento e un tempo inestable. No capítulo 10, descríbese unha estación cálida na que se introduce o medo de Mun e no desenlace, vólvese a insinuar unha etapa fría e chuviosa. Podemos deducir que pasa aproximadamente un ano.


     Orde

   
   Non é lineal, aparece unha analepse moi marcada cando se conta a vivencia que tivo o avó de Nube cun gato e un valo eléctrico ou cando se nomean os inventos nun tempo pasado.




3 comentarios:

  1. Ola!
    Este é un traballo moi irregular, xa que desenvolvedes moito algunhas partes e outras quedáronvos moi escasiñas. Ademais, resulta difícil chegar ata a información porque a entrada non está debidamente etiquetada.

    ResponderEliminar
  2. ola de novo!
    Supoño que vos decatastes de que a análise está incompleta, non ?

    ResponderEliminar
  3. U-lo diario de sesións de hoxe??

    ResponderEliminar