martes, 28 de octubre de 2014

Problemas actuais III: Pobreza e desigualdades sociais.

Moi boas cidadáns/ás!
Esta semana toca falar da pobreza e das desigualdades sociais, un problema moi presente na nosa sociedade que nos fai reflexionar sobre a sorte que temos. Aí vai:


a) DEFINICIÓN DE POBREZA SEGUNDO A ONU:



A pobreza é un problema complexo e multidimensional con orixes tanto no ámbito nacional coma no internacional. Non é posible encontrar unha solución uniforme aplicable a nivel mundial. Máis ben, co fin de achar unha maneira de resolver este problema, é fundamental contar con programas de loita contra a pobreza axeitados a cada país, con actividades internacionais que apoien os nacionais, e cun proceso paralelo polo que cree un medio internacional favorable a eses esforzos. En todas as partes seguen revestindo suma importancia a eliminación da pobreza e a fame, o logro dunha maior igualdade na distribución dos ingresos e o desenvolvemento dos recursos humanos. A loita contra a pobreza é unha responsabilidade común a todos os países.
                                               

http://www.un.org/spanish/esa/sustdev/agenda21/agenda21spchapter3.htm

b) QUEN É CONSIDERADO POBRE EN ESPAÑA?
 Un de cada catro nenos en España son pobres. Extremadura, León, Castela e Andalucía son as provincias en unha pobreza severa. Ademais, unha persoa ou familia está en estas condicións de vida se cumpre estas características:
-Renta por debaixo do albor da pobreza (60 %) en España.
-Privación material severa, aqueles/as que teñan polo menos catro de estas nove necesidades cubertas (hipoteca ou alquiler, auga, gas...-unha semana de vacacións ao ano-consumo de carne, peixe ou polo ao menos cada dous días-fondo de imprevistos-teléfono-televisión en cor-lavadora-automóbil e temperatura).
Concluimos que  o 19.9% da poboación española é pobre, é dicir, aquelas que reciben 6.347 euros por persoa (60% da media dos ingresos).

                                                            
http://www.guiaongs.org/noticias/ongs/la-pobreza-afecta-a-uno-de-cada-cuatro-ninos-en-espana-2-4-1702

c) CANTOS FOGARES SOFREN A POBREZA EN ESPAÑA?

En canto a pobreza global, España rexistra o 28,2%, fronte ao 25% comunitario segundo algúns estudos do 2012, en canto ao emprego: é un dos Estados que perdeu maior emprego entre os anos 2008 e 2013.

Por outro lado, o abandono escolar é dun 24.9 % máis do dobre de Estados Unidos e ademais ten 1.5 millóns de fogares en condicións de pobreza alta (1.552.000).

                                  
                                                             
http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/espana-sufre-pobreza-infantil-mas-alta-tras-rumania-3225125

d) QUE PROBLEMAS SOCIAS AFECTAN Á POBOACIÓN QUE SOFRE A POBREZA EN ESPAÑA?

A crise económica que sofre España dende 2006 aproximadamente pode compararse coa de EE.UU. As políticas de axustes, o desemprego e o esgotamento das axudas económicas intensificaron esta situación de pobreza que supón en moitas ocasións a exclusión social. Como dato podemos engadir que o número de millonarios en España aumentou un 13% segunndo algunnhas organizacións como Cáritas.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/10/actualidad/1381399141_149988.html


e) QUE IMPACTOS ESTÁ A TER A CRISE ECONÓMICA NO COLECTIVO INFANTIL?





http://www.unicef.es/infancia/ong-espana/infancia-espana/infografias







lunes, 20 de octubre de 2014

Problemas actuais II: Prexuízos sociais e racistas.

Ola, cidadáns/ás!
Esta semana falaremos dos prexuízos sociais e racistas como son o racismo, a xenofobia, o sexismo, a homofobia...
Nós decidímonos pola segunda, aquí tedes a investigación:

a) DEFINICIÓN:


A palabra xenofobian provén do grego "xénos" (estranxeiro) e "phóbos" (medo).  A xenofobia, fai referencia ao odio, hostilidade e rexeitamento cara estranxeiros e tamén podemos dicir que cara aqueles/as doutra cultura, pensamentos. costumes... descoñecidas.


b) IMAXES:


                                                




c) EXEMPLOS REAIS, VÍDEOS, NOTICIAS:






¡


No ano 2006, o autor irlandés John Boyne publicou "O neno co pixama de raias" que relata unha historia auténtica e entretida para facernos reflexionar sobre os problemas sociais de discriminación.
Bruno, é un neno de nove anos que vive en Berlín coa súa familia. O seu pai, vese obrigado a marchar pois pertence aos soldados nazis e como tal, ten que ir a un campo de concentración.
O neno farase amigo de Samuel, un xudeu retido. Unha mostra de que a amistade non ten limitacións.




Fontes:
http://definicion.de/xenofobia/#ixzz3GgW96YPq





viernes, 10 de octubre de 2014

Caderno de equipo VI


Exemplo

__/04/2013
Presentación do Proxecto Exogamia 0,4 por parte do mestre.  Empezamos a usar o caderno do equipo. Elaboramos 4 normas para o grupo. Pensamos 2 nomes para o equipo, …

Temos dúbidas sobre como cubrir os diarios de sesións.

Quedou pendente para casa a tarefa de por nome do equipo.
Temos que preguntar …


Deu tempo…
Resultou  ben – mal porque ….

O membro do equipo ____ (ex. Juan) fixo moi ben a tarefa, non trouxo os materiais, …


06/10/2014
   Explicación na aula de informática sobre a creación do blogue.

   Pautas a seguir polos membros do grupo e asinamento das        tarefas.

Busca dun nome e 4 entradas coa etiqueta ao caderno de equipo na nosa páxina web.

Quedou pendente rematar de publicar as entradas.


Traballamos a tempo
Resultou ben porque todos traballamos cooperativamente.
Aínda que Joaquín e Oleg falaron moito e en ocasións foi difícil compenetrarse con eles.


13/10/2014

Eliximos "A violencia de xénero" para investigar
e repartimos os distintos apartados entre os membros.
Non puidemos rematar na clase así que quedou pendente a investigación particular.








 O ambente foi tranquilo aínda que ás veces tivemos que lembrar o que debíamos facer a J.R.P e O.C.S.

21/10/2014

Esta semana traballamos sobre os prexuízos sociais (a xenofobia). Acabamos este apartado aínda que mañá teremos que  reencher o diario de sesións.









Traballouse satisfactoriamente e entre todos/as. Conseguimos rematar a tempo

27/10/2014

Esta nova semana falamos sobre a pobreza e as desigualdades sociais, ao ser cinco apartados, dividimos a investigación entre os membros. Buscamos fotos tamén. Quedou pendente o apartado d) e O.C.S aínda que se comprometeu a buscar a información pois foi a súa tarefa non o fixo.








Hoxe puidemos traballar moi a gusto pois cada quen estivo coa súa tarefa.
Pola contra, o apartado que quedou sen facer tivo que ser realizado por L.P.R pois O.C.S non cumpriu co seu deber.


04/11/2014
09/11/2014
Co motivo de presentar o blogue a vindeira semana, puxémonos a traballar nos derradeiros temas. Repartimos as tarefas, O.C.S e J.R.P buscaban información mentres D.V.V e L.P.R redactábana e adecuaban o blog. Tentamos organizarnos doutro xeito e funcionou, a experiencia foi satisfactoria. Quedou por rematar o de redactar para facer na casa e ambos os membros cumpriron coa súa responsabilidade.
A pesar das nosas diferenzas, o equipo funcionou moi ben. O.C.S e J.R.P traballaron cooperativamente e realizaron a busca no tempo sinalado. D.V.V ofreceuse voluntaria para colaborar na creación de entrada e L.P.R coordinou e uniu o grupo ademais de levar a cabo as súas obligacións.






24/11/2014
De novo, puxémonos co documento de Recinto Gris. Este luns tocaba a segunda parte e decidimos contestar ás cinco preguntas nun documento  de Word. J.R.P e D.V.V tiveron que empregar o mesmo ordenador e aínda que estiveron centrados, non atoparon respostas.
Para axilizar e ser eficientes, dividimos os apartados en 6 e asinamos dous a cada un menos a Joaquín e Daniela que traballaban en parellas.
Finalmente, a pregunta 5 (cos respectivos apartados) quedou en branco pois non levamos o libro á aula de informática e na procura de información, non se chegou a ningunha contestación concisa. Como non se fixo, cada quen debía rematalo no seu tempo libre, o resultado foi o seguinte:
O.C.S: Redactou a primeira pregunta, tivo unha actitude colaboradora e enviou a súa parte no tempo sinalado.
J.R.P: Debía elaborar o apartado 5.1, retrasouse moito coa resposta e mandouna a medias.
D.V.V: O mesmo que J.R.P, fixo o que lle correspondía pero incompleto aínda que se molestou en traballar.
L.P.R: Escribiu as preguntas 2-3 e 4 e rematou as respostas dos seus compañeiros J.R.P e D.V.V
O documento tivo que ser redactado  a destempo e excepto O.C.S a actitude non foi de preocupación en ningún momento por parte de Daniela e Joaquín.

Caderno de equipo III

Cargos e Funcións

Cargo
Funcións e tarefas
Data incorporación
Coordinador
Mide a repartición do traballo
23-09-2014
É o portavoz do grupo
23-09-2014
Vixía a tarefa asinada a cada membro
23-09-2014








Secretario/a
Toma notas e apuntes para o equipo
23-09-2014
É o responsable do traballo en papel
23-09-2014
Coida o volume e a quenda de voz
23-09-2014








Responsable do material
Preocúpase e responsabilízase do coidado do material
23-09-2014
É quen de asinar no grupo o material que debe empregarse
23-09-2014










Axudante
Axúdalle aos outros compañeiros/as cando sexa necesario
23-09-2014
Organiza as tarefas e establece os tempos de fala
23-09-2014
No caso dunha falta, cubre o posto do compañeiro/a
23-09-2014











Os cargos serán rotativos, podemos iremos engadindo tarefas e funcións …

Caderno de equipo II

NORMAS DO EQUIPO

nome
Data incorporación
Respetar a opinión e as propostas dos compañeiros/as

23-09-2014
  Cumprir cada quen coas tarefas asinadas

23-09-2014
   Aportar ideas ao grupo

23-09-2014
    Traer o material

23-09-2014
    Asumir responsablemente as tarefas cooperativas

23-09-2014


Caderno de equipo I


                                                    
MEMBROS do EQUIPO.

nome
Contacto (email…)
Alta/ baixa no equipo
D .V. V

23-09-2014
J. R. P
cidadansactivos@gmail.com
23-09-2014
O.C.S

23-09-2014
L.P.R

23-09-2014