viernes, 10 de octubre de 2014

Caderno de equipo VI


Exemplo

__/04/2013
Presentación do Proxecto Exogamia 0,4 por parte do mestre.  Empezamos a usar o caderno do equipo. Elaboramos 4 normas para o grupo. Pensamos 2 nomes para o equipo, …

Temos dúbidas sobre como cubrir os diarios de sesións.

Quedou pendente para casa a tarefa de por nome do equipo.
Temos que preguntar …


Deu tempo…
Resultou  ben – mal porque ….

O membro do equipo ____ (ex. Juan) fixo moi ben a tarefa, non trouxo os materiais, …


06/10/2014
   Explicación na aula de informática sobre a creación do blogue.

   Pautas a seguir polos membros do grupo e asinamento das        tarefas.

Busca dun nome e 4 entradas coa etiqueta ao caderno de equipo na nosa páxina web.

Quedou pendente rematar de publicar as entradas.


Traballamos a tempo
Resultou ben porque todos traballamos cooperativamente.
Aínda que Joaquín e Oleg falaron moito e en ocasións foi difícil compenetrarse con eles.


13/10/2014

Eliximos "A violencia de xénero" para investigar
e repartimos os distintos apartados entre os membros.
Non puidemos rematar na clase así que quedou pendente a investigación particular.








 O ambente foi tranquilo aínda que ás veces tivemos que lembrar o que debíamos facer a J.R.P e O.C.S.

21/10/2014

Esta semana traballamos sobre os prexuízos sociais (a xenofobia). Acabamos este apartado aínda que mañá teremos que  reencher o diario de sesións.









Traballouse satisfactoriamente e entre todos/as. Conseguimos rematar a tempo

27/10/2014

Esta nova semana falamos sobre a pobreza e as desigualdades sociais, ao ser cinco apartados, dividimos a investigación entre os membros. Buscamos fotos tamén. Quedou pendente o apartado d) e O.C.S aínda que se comprometeu a buscar a información pois foi a súa tarefa non o fixo.








Hoxe puidemos traballar moi a gusto pois cada quen estivo coa súa tarefa.
Pola contra, o apartado que quedou sen facer tivo que ser realizado por L.P.R pois O.C.S non cumpriu co seu deber.


04/11/2014
09/11/2014
Co motivo de presentar o blogue a vindeira semana, puxémonos a traballar nos derradeiros temas. Repartimos as tarefas, O.C.S e J.R.P buscaban información mentres D.V.V e L.P.R redactábana e adecuaban o blog. Tentamos organizarnos doutro xeito e funcionou, a experiencia foi satisfactoria. Quedou por rematar o de redactar para facer na casa e ambos os membros cumpriron coa súa responsabilidade.
A pesar das nosas diferenzas, o equipo funcionou moi ben. O.C.S e J.R.P traballaron cooperativamente e realizaron a busca no tempo sinalado. D.V.V ofreceuse voluntaria para colaborar na creación de entrada e L.P.R coordinou e uniu o grupo ademais de levar a cabo as súas obligacións.






24/11/2014
De novo, puxémonos co documento de Recinto Gris. Este luns tocaba a segunda parte e decidimos contestar ás cinco preguntas nun documento  de Word. J.R.P e D.V.V tiveron que empregar o mesmo ordenador e aínda que estiveron centrados, non atoparon respostas.
Para axilizar e ser eficientes, dividimos os apartados en 6 e asinamos dous a cada un menos a Joaquín e Daniela que traballaban en parellas.
Finalmente, a pregunta 5 (cos respectivos apartados) quedou en branco pois non levamos o libro á aula de informática e na procura de información, non se chegou a ningunha contestación concisa. Como non se fixo, cada quen debía rematalo no seu tempo libre, o resultado foi o seguinte:
O.C.S: Redactou a primeira pregunta, tivo unha actitude colaboradora e enviou a súa parte no tempo sinalado.
J.R.P: Debía elaborar o apartado 5.1, retrasouse moito coa resposta e mandouna a medias.
D.V.V: O mesmo que J.R.P, fixo o que lle correspondía pero incompleto aínda que se molestou en traballar.
L.P.R: Escribiu as preguntas 2-3 e 4 e rematou as respostas dos seus compañeiros J.R.P e D.V.V
O documento tivo que ser redactado  a destempo e excepto O.C.S a actitude non foi de preocupación en ningún momento por parte de Daniela e Joaquín.

1 comentario:

  1. Ola!
    Poderiades, por favor, ser máis precisos cando vos referides a "algúns membros"?
    grazas!
    Su

    ResponderEliminar