lunes, 23 de febrero de 2015

Diario de sesións 4

Diario de sesións nº    ………4……….                                  Data: ………23/02/2015………………………
Alumno/a
Cumpriu coas tarefas asignadas na sesión anterior
Tarefas realizadas nesta sesión
Valoración do traballo en equipo (1-4)
Tarefas asignadas  para a próxima sesión
J.A.G
   Si cumpriu efectivamente.

                     
               4


 Participar na realización da enquisa.
A.B.C
   
  Si aínda que estivemos moi pendentes.
       
               3

Pasar ó blog e publicar as 5 preguntas pendentes.
G.M.M-A

             Responsabilizouse máis non foi totalmente autosuficiente.
     
                3    

Pasar ó blog e redactar as cuestións con André.
L.P.R
 
 Realizou as súas obrigacións de xeito positivo.
             
                       
                4

Participar na realización da enquisa.

Preguntas da enquisa

Moi boas cidadáns/ás:
Hoxe imos plantear as dez preguntas que posteriormente empregaremos para realizar unha enquisa no noso centro, polo tanto, empeza a segunda parte do proxecto deste trimestre. Tentaremos publicar tamén un test coas cuestións formuladas para que os lectores/lectoras/ podades participar doutro xeito. Ímosvos informando!!
Un sáudo
                                                                                                                                Cidadáns/ás activ@s
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
1. Consideras que o consumismo é un problema actual?
      
       - Si, debemos erradicalo.
       - Non, existen outros de maior importancia.
       - Non sei responder.
       
2. Cres que está asociado co mundo Occidental?
       
       - Si polo capitalismo e desenvolvemento   
       - Non, está moito máis estendido.
       - Non sei.

3. Padeces algún destes síntomas?

    
      -  Compra compulsiva.
      -  Irritación ou vergoña.
      -  Non son quen de controlar o impulso.
      -  Ningún dos anteriores.

4. Actualmente, pensas que a cultura ou publicidade son causas deste comportamento?

    
      - Si, ambas.
      - Só a publicidade.
      - Só a cultura.
      - Ningunha das dúas.

5. Tes algún método para previr esta situación?


       - Examino a miña contorna e son consecuente.

       - Non sigo pautas.
       - Teño algunhas medidas básicas.

6 .Que pensas sobre a contaminación? 


       - É un mal menor.

       - É grave.
       - Non é importante.
       - Outro.

7. Como crees que nos afectará? 


       -  Non nos afecta.

       -  Fainos enfermar.
       -  Empeora as condicións naturais dos seres vivos.
       -  Outro.

8.Pensas que é a nosa responsabilidade?


        - Si.

        - Non.
        - Non sabe, non contesta.


9. Crees que é irreversíbel?


       - Si

       - Non
       - Non sabe, non contesta

 10. A quen crees que prexudicará?

       - En xeral a todo o conxunto.
       - Humanos
       - Animais
       - Plantas.
       - Outros.


 

jueves, 12 de febrero de 2015

INNOVANDO...

Ola!!
Tivemos unha idea para mellorar a web e o noso obxectivo e convertila nun espazo aberto, didáctico e educativo para todos e todas. Para iso, pensamos que introducir novos aspectos no blog pode ser unha vía de renovación. Cal serían as medidas a tomar?
Cada un/unha  de nós terá un nome, unha conta, e un  acceso directo á páxina_

J.A.G-Miss Asertividade

A.B.C-Míster Cívico
G.M.M-A- Supercidadán
L.P.R-Superempática

Todos os usuarios teñen unha relación coa cidadanía e xuntos, formamos unha SUPERSOCIEDADE!!! En breve entrará en vigor esta proposta e cada membr@ publicará de xeito individual aínda que formando un proxecto común.



Exemplo ficticio

Boas!
Pensamos que o exemplo tiña que ser real pero non é así. Tamén pode ser inventado, estiven traballando nunha historia ficticia co fin de atopar unha conclusión para dar por finalizada a primeira fase de esta investigación. Con este propósito, os acontecementos base son extraídos da realidade cotidiana e baseime nunha noticia do xornal O País, que na miña opinión reflexa moi ben o verdadeiro espírito do Consumismo e engadín datos imaxinarios para caracterizar á protagonista e convertelo nunha narración,
Espero que vos guste:
                                                                                                                                         Superempática

Presentación en Prezi

Ola cidadanía:
Onte tivemos a presentación do noso proxecto "Consumismo e Contaminación" e decidimos expoñelo en Prezi, empregando como soporte dixital este programa. Despois de moito buscar...atopamos a forma de subilo ó blog! así podedes acceder directamente.
Un saúdo.




domingo, 8 de febrero de 2015

Exemplo real- Consumismo

Ola, boas noites:

Estivemos a buscar exemplos na rede mais non atopamos ningún que nos convenza, por iso animamos a ver estes dous cortos animados para entender mellor o núcleo ou raíz do que estivemos traballando.








Non obstante, hai moitos casos de consumismo na nosa vida e na nosa cidade. Se abrimos os ollos, decatarémonos e dende aquí gustaríanos pedirvos que sigades colaborando por acabar con isto. A FELICIDADE NON ESTÁ NO MATERIAL!!

viernes, 6 de febrero de 2015

Consumismo- Sesión 3

Boas cidadáns/ás:
Esta semana vamos traballar nunha serie de medidas preventivas como consellos previos que debemos ter en conta antes de saír a mercar co fin de obter mellores resultados e reducir o consumismo. Aquí os tedes:

1. Regular  o efecto da publicidade: Debes ser consciente da súa acción e diferenciar entre anuncios reais e os que prometen resultados imposibles para clasificar e priorizar cando merques.

2.Examínate a ti mesm@: Fai unha análise dos comportamentos que tes ante unha determinada situación para saber controlar o egoísmo, apóiate na contorna.

3. Valora o teu e esquece os bens alleos: Reflexiona antes de entrar nunha tenda e infórmate, hoxe en día gran parte da poboación non posúe o diñeiro necesario para alimentarse, vestirse ou saír da casa familiar.

4. Pensa tres veces e escribe unha lista cos produtos que precisas: Supervisa tamén as facturas, anota os gastos e busca sustitutivos de artículos co fin de aforrar.

5. Consecuente co medio: Analiza os establecementos que frecuentas para comprobar se coidan o noso planeta e respetan os dereitos humanos na fabricación. Tamén podes ver as etiquetas e intentar favorecer a produción nacional disminuíndo a globalización.

6. Compara: Ás veces os prezos varian se tratamos con grandes empresas ou tendas artesanais, tamén dunha marca a outra.

7. Recicla e cambia:  Unha boa idea sería sacar as prendas de roupa que quedaron no fondo do armario pois a moda sempre volve e aproveitar as rebaixas dos comercios.

8. Busca metas e reduce desexos: Pon a cabeza máis alá dun corto prazo, empregarás o produto ou non? Establece e diferencia entre complementario  e necesario.

9. Non a boletíns electrónicos: As ofertas que publican poden facerte recaer no desexo, non te suscribas a páxinas webs nas que priman a propagación ou o reclamo.

FONTES:

                                    




lunes, 2 de febrero de 2015

Diario de sesións 3

Diario de sesións nº    ………3……….                                  Data: ………02/02/2015………………………
Alumno/a
Cumpriu coas tarefas asignadas na sesión anterior
Tarefas realizadas nesta sesión
Valoración do traballo en equipo (1-4)
Tarefas asignadas  para a próxima sesión
J.A.G
Si cumpriu coas súas tarefas, cooperou e estivo disposta a axudar.
          
            4
 Revisar o apartado a) e publicalo.
A.B.C
Non publicou a súa parte, polo que tivo que facer os dous apartados na clase.
         
             2
Redactar, estruturar e finalizar a investigación da contaminación.
G.M.M-A
Fixo o seu escasamente pero non acordou con André as pautas o que dificultou a participación.
       
             2
Corrixir os erros da entrada, engadir datos e cooperar co tema pendente (como previr?)
L.P.R
Si fixo o asinado e traballou consuntamente.
     
             4
Publicar as dúas entradas e rematar de escribir a presentación.

Contaminación 2

Hoxe queremos falarllesprevencion e como previr a contaminación

                     Como o previr?

 A prevención da contaminación está relacionados con temas económicos e ambientais, o que levou unha nova forma de comportamento empresarial acorde co desenvolvemento sostible. O crecemento económico supón a mellora ambiental das empresas xa que a prevención da contaminación o fai atractivo para a industria e outras actividades produtivas. É máis razoable deixar de producir residuos que gastar diñeiro e recursos no tratamento e disposición final destes. Ademais, existe unha mellora na eficiencia dos procesos a través do uso máis eficiente das materias primas que deriva en beneficios económicos para a empresa
A contaminación pódese evitar reciclando os materiais ou substancias  perigosas, como o petróleo, en vez de tiralas, e reducindo a cantidade de enerxía contaminante que empregamos, como a núclear, ou substituila directamente por enerxía limpa, como a solar.
Un exemplo de contaminación sería a fusión do núcleo dunha central núclear que xera enerxía eléctrica, pois dificulta a vida na zona afectada polos residuos, facéndoa case inhabitable, e poderíase solucionar cambiando a central núclear por unha central solar  que non produce danos no medio pois nin sequera aunque estoupe, podería danalo.






























Fontes consultadas:
es.wikipedia.org/wiki/Contaminación
www.monografias.com › Ecologia 
http://www.profepa.gob.mx/innovaportal/v/1362/1/mx/prevencion_de_la_contaminacion.html