viernes, 6 de febrero de 2015

Consumismo- Sesión 3

Boas cidadáns/ás:
Esta semana vamos traballar nunha serie de medidas preventivas como consellos previos que debemos ter en conta antes de saír a mercar co fin de obter mellores resultados e reducir o consumismo. Aquí os tedes:

1. Regular  o efecto da publicidade: Debes ser consciente da súa acción e diferenciar entre anuncios reais e os que prometen resultados imposibles para clasificar e priorizar cando merques.

2.Examínate a ti mesm@: Fai unha análise dos comportamentos que tes ante unha determinada situación para saber controlar o egoísmo, apóiate na contorna.

3. Valora o teu e esquece os bens alleos: Reflexiona antes de entrar nunha tenda e infórmate, hoxe en día gran parte da poboación non posúe o diñeiro necesario para alimentarse, vestirse ou saír da casa familiar.

4. Pensa tres veces e escribe unha lista cos produtos que precisas: Supervisa tamén as facturas, anota os gastos e busca sustitutivos de artículos co fin de aforrar.

5. Consecuente co medio: Analiza os establecementos que frecuentas para comprobar se coidan o noso planeta e respetan os dereitos humanos na fabricación. Tamén podes ver as etiquetas e intentar favorecer a produción nacional disminuíndo a globalización.

6. Compara: Ás veces os prezos varian se tratamos con grandes empresas ou tendas artesanais, tamén dunha marca a outra.

7. Recicla e cambia:  Unha boa idea sería sacar as prendas de roupa que quedaron no fondo do armario pois a moda sempre volve e aproveitar as rebaixas dos comercios.

8. Busca metas e reduce desexos: Pon a cabeza máis alá dun corto prazo, empregarás o produto ou non? Establece e diferencia entre complementario  e necesario.

9. Non a boletíns electrónicos: As ofertas que publican poden facerte recaer no desexo, non te suscribas a páxinas webs nas que priman a propagación ou o reclamo.

FONTES:

                                    




No hay comentarios:

Publicar un comentario