lunes, 25 de mayo de 2015

Explicación da campaña

Aquí vos deixamos unha especie de resumo sobre toda a nosa campaña

A nosa campaña ten como tema a anorexia e os estereotipos que a inducen. Noso lema é: “Non permitas que decidan por ti o que é a beleza”e a nosa banda sonora chamase “Eres linda” de Gabriela Villalba. Os nosos receptores será o xoven alumnado de 5º e 6º de primaria, onde os estereotipos vense moi incrementados.
Levaremos a cabo actividades tanto lúdicas, porque a todos lles gusta aprender dinámicamente (xogo de preguntas), coma menos lúdicas, para ensinar que é un tema serio (presentacións e resolución de dudas), ademáis faremos unha pegada de carteis, tanto nas clases como polos pasillos, para difundir o proposito da nosa causa.
Con todo, teremos como obxectivo concienciar dos peligros de obsesionarse coa imaxe, algo inducido dende fora, das falsas percepcións da beleza que se transmiten. Temos como valores recoñecer a beleza interior e non valorar a imaxe e as medidas por enriba de todo.
A programación definitiva aínda esta por confirmar, pero acadaremos sesións xunto os titores cos diferentes alumnados durante o mes de Maio e principios de Xuño.




No hay comentarios:

Publicar un comentario