domingo, 1 de marzo de 2015

Participantes activ@s!

Ola cidadanía:
Escribo esta entrada para informarvos de que a iniciativa proposta xa está instalada no blog. Como sabedes, seguiremos traballando na páxina mais cada quen dende un perfil distinto:
-J.A.G-Miss Asertividade
-A.B.C-Míster Cívico
-G.M.M.A-Supercidadán
-L.P.R-Superempática
Deste xeito, podemos coñecer as publicación dos membros do grupo e o noso obxectivo é facilitar o traballo cooperativo dentro do equipo. Ademais, incluiremos en Páxinas dous apartados máis: Quen somos? e A túa opinión conta.
A primeira estará adicada a presentarnos como participantes e engadir unha pequena descrición e na segunda, poderedes realizar un test coas preguntas da enquisa que levaremos a cabo no centro para facervos protagonistas tamén ós lector@s do blog.
Grazas pola vosa colaboración!
                                                                                                                             Superempática

No hay comentarios:

Publicar un comentario