Ola:
Este trimestre, o libro de lectura en galego foi o seguinte: "Todos Somos" de Marcos Calveiro. Coma na primeira avaliación, realizamos unha presentación en Word e posteriormente pasámolo a Prezi para dar por finalizado o proxecto.
A novela conta a sospeitosa desaparición de Natalia, unha nena de doce anos que un día marcha sen aviso mentres vai mercar ó quiosco. Con ela, evapórase tamén a tranquilidade propia da Praza da Bichoca pois tanto familiares, amigos veciños...buscan incansablemente unha posible solución ou un razoamento que lles devolva á súa vida cotiá mais ben, non é sinxelo dar por pechado un caso misterioso sen ningún tipo de pista.
Esta obra céntrase na forma en que os medios de comunicación, a sociedade ou os servizos públicos enfróntanse á situación cunha perspectiva realista que amosa un chisco a indiferenza e fainos reflexionar. Tamén, mestura intriga e amizade xunto con amor polo que resulta un argumento moi completo.
Aí vai:
No hay comentarios:
Publicar un comentario