É a acción ou efecto de obter mercancía considerada innecesaria para a vida cotiá e asociada con gastos extras para a súa acumulación ou servizos empregados. Na comunidade actual, por diversos motivos créase un entorno consumista excesivo avivado pola presión social. Este termo garda unha relación directa coa economía dun país ou dun estado pois é o motor que alenta e dinamiza dito comportamento aínda que depende principalmente do capital ou capacidade aquisitiva estando moito máis activo nos países desenvolvidos e poderosos neste contexto.

FONTES:
ABC
b) ONDE E CANDO SE PRODUCE?
O consumismo está internamente relacionado co capitalismo e apoiado pola mercadoloxía ("marketing" en inglés) e a publicidade que incrementan esta actitude fomentando os menesteres da persoa que adquire o produto. Normalmente, atribúese ó mundo Occidental e noutras áreas máis extendidas. Ademais, Jeremy Rifkin foi un dos promotores en Estados Unidos deste movemento como consecuencia dun multitudinario paro ou desempleo e a demanda comercial en 1920.
Non existe un comenzo concreto pois estas novas necesidades de mercar certos artigos xa que nun principio, a sociedade únicamente compraba a mercadoría necesaria. Co paso do tempo, os bens secundarios adicados ó lecer foron aumentado e isto provocou que os vendedores aproveitasen para anunciar os seus intereses.
Engadimos que no século XX, coa aparición de novos medios tecnolóxicos e avances tamén houbo un aumento notable do comercio e novas asociacións (JIT ou JFY) causaron unha superprodución.
Outras fontes, aseguran que os inicios datan dos anos setenta, cando unha serie de cambios afectaron ao regulamento de renta o que causou un período inestable no que a base económica non prosperou. Estudos realizados por profesionais e expertos na materia, afirman que o verdadeiro nacemento do consumismo está na cidadanía que pretende sentirse superior xa que dende tempos inmemoriais, o grupo social estaba dividido en estamentos nos que influía a riqueza favorecendo aos adiñeirados.
FONTES:
ORIXE EN WORDPRESS
EUMED: O NACEMENTO DO CONSUMISMO
No hay comentarios:
Publicar un comentario