martes, 27 de enero de 2015

Consumismo-sesión 2


a) COMO SE MANIFESTA ?
Para identificar os síntomas propios da merca compulsiva convén comprobar se cumprimos algunha das características seguintes:
- Non podemos resitir a tentación de saír de tendas, ver os escaparates e caer ante un vestido ou unhas luvas.
- Controlar o impulso de pasar pola caixa é imposible.
- Sentímonos culpables, temos a conciencia intranquila.
- Padecemos momentos de ansiedade, nerviosismo ou insomnio en caso extremo.
- Irritámonos fácilmente e entramos en anoxo de modo constante.
- Sentimos vergoña e agochamos os nosos desexos por medo a ser rexeitados/as ou xulgados.
- Comenzan os problemas económicos e incluso familiares.



b) ¿POR QUE SE PRODUCE?

O consumismo está incentivado por:

-PUBLICIDADE, a insistencia dos anuncios e a asociación que fan os seus creadores con valores ou feitos irreais ou imposibles, por exemplo:


          

-PREDISPOSICIÓN DE EMPREGAR E TIRAR OS PRODUTOS:
  


-BAIXA CALIDADE de alghunhas compras que atraen polo prezo pero que teñen unha vida moi currta e a longo prazo son menos rentables e máis contaminantes.

-PATOLOXÍAS coma a anorexia ou a obesidade, unidos á propagación de eslogans chamativos fan que os/as que padecen dita enfermidade merquen artigos  que prometen adelgazar de maneira imposible.



- CREAR REFUGALLOS polo desfeito de produtos indiscriminadamente por nós mesm@s ou por unha fonte externa.
-A CULTURA E PRESIÓN SOCIAIS que relacionan a adquisición coa felicidade indebida.

Ademais, diferenciamos distintos factores que inflúen no resultado deste efecto capitalista:
-Culturais: Determinadas polo ambente sociocultural do consumidor que leva a realizar dita compra.
-Estatus: Influidas polo nivel socioeconómico, o consumismo medra proporcionalmente a esta situación.
-Afectivos: Difusión da crenza ou relación de aceptación ou rexeitar polo feito de posuír uns bens concretos.
-Necesidade: Creada e incrementada de cara a vida convencional.
-Estandarización ou masificación: A medida que se produce unha "propagación" da venta, aumenta a presión nos/nas que non o dispoñen.

FONTES CONSULTADAS: 
-CAUSAS EN BLOGGER
-HISTORIA E FACTORES EN SLIDE SHARE









No hay comentarios:

Publicar un comentario